29.nov_30.nov_1.dec.2013

[ feira de arte contemporánea ]

NH OBRADOIRO_Santiago de Compostela

xxcxzcopia.jpg

398396_233826006692008_1363442710_n.jpg

no NH Obradoiro

#unhaFEIRAdeARTE

desde aquí...

#SantiagodeCompostela

CUARTO PÚBLICO é un proxecto de feira de arte novo, independente, que celebra a súa primeira edición  do 29 de novembro ao 1 de decembro do presente 2013. Busca converterse en escenario de acción, e sobre todo interacción, entre diferentes axentes do sector da arte contemporánea: artistas, galeristas, comisari@s, editoriais, profesionais da crítica e da xestión cultural. Dinamizar o contexto galego actual e supoñer un punto e contrapunto de encontro: esa é a pretensión de CUARTO PÚBLICO.

 

Todo isto, converxendo nun formato aberto e flexible, e ao mesmo tempo novidoso para Galicia. Un lugar de tránsito, como o momento que estamos a vivir nestes intres: UN HOTEL. As habitacións acollerán no seu interior pezas de arte, comisariados, debates, conferencias, performances e outras manifestacións culturais. Será unha explosión da creación actual galega, con actividades máis e menos especializadas, pero inclusivas, cun obxetivo prioritario: achegar a arte a todos os públicos, rompendo barreiras elitistas.

 

 

 

QUEN PARTICIPA?

CUARTO PÚBLICO presenta catro modalidades de participación: (1) Artistas, (2) Comisari@s, (3) Galerías/Espazos e (4) Proxectos editorias/Bloggers. A inscripción variará dependendo da modalidade, pero coa premisa de feira económica e alcanzable, con formatos cómodos e prezos que se axusten ás esixencias de todos.

Danza&Música

 

 

 

COMO PARTICIPAR?

A selección de proxectos farase a través dunha convocatoria totalmente aberta. O equipo organizativo e colaboradores e colaboradoras especializados seleccionarán as propostas dentro de cada modalidade, que presenten artistas (a título persoal), comisari@s, espazos, etc. O xurado valorará os proxectos atentendo a parámetros de calidade, diálogo co espazo, contemporaneidade, entre outros. Cada participante ocupará unha habitación ou zona do hotel, segundo tipo de inscripción.

Actividades Didácticas

 

POR QUE PARTICIPAR?

Ademáis de formato expositivo, o hotel é tamén aloxamento, creando un ambiente cercano, acolledor que propicie o diálogo entre visitantes, axentes e artistas. Pretende ser unha experiencia única, tanto para participantes como para o público, formando parte dunha nova proposta que contribuirá a axitar o panorama artístico galego.

 

 

1 habitación = 1 stand

COMO SE FARÁ A DIFUSIÓN?

Partindo do fluxo cosmopolita de turistas e estudantes que ten Compostela, toda a cartelería, difusión de medios, RRSS e web farase en Galego e Castelán, para axilizar e facilitar. Ademáis da difusión de prensa tradicional, radio, televisión e outros medios dixitais habituais, o evento contará con bloggers e voluntari@s en redes sociais, que cubrirán minuto a minuto o programa e analizarán a feira.

 

 

Visitas dialogadas

CUARTO PÚBLICO é un proxecto de TERRITORIO CULTURA , empresa dedicada á xestión cultural que colabora con institucións museísticas, galerías de arte, fundacións e organismos oficiais. Unha iniciativa 100% privada,  formada por un equipo entusiasta e multidisciplinar volcado na difusión da arte contemporánea no noso contexto. Por medio de sinerxias en rede, pretende ser ponte de colaboración entre os diferentes axentes dun sector que está a pasar momentos difíciles pero polo que é necesario loitar.

 

 

© Imaxe: Javier Iglesias Algora_"First Gate"_www.gnosick.com

© Imaxe: Iria Pérez & Claudia Marcela Ceballos Con-tigo (performance en M.AR.CA. Cacabelos-León)

© Imaxe: ArtistasEnRed_Galería Dosmilvacas en Ponferrada (León)

© Imaxe: Obradoiro EnRédate na Rede en Museo Provincial de Lugo.

Séguenos...